back to list

A casa de contratación da Coruña

por Cuesta Domingo, Mariano

portada del Libro: A casa de contratación da Coruña

ISBN: 9788445347560
Fecha de la edición: 2009
Pages 280 págs.


Compartir en:

pvp. 15.00 €

[ Disponible ]

book summary

O traballo do profesor Mariano Cuesta, ilustre e ccoñecido pesquisador no eido do americanismo e que publicou obras de excepcional importancia, enche un baleiro que reclamaba dende hai tempo ser atendido. Con anterioridade, tíñanse achegado ao tema estudosos como Pablo Pastells ou Emilio González López, pero ata agora careciamos dun estudo en fondura que enmarcase nun contexto máis amplo, no contexto dos descubrimentos e das liortas diplomáticas entre Galicia e Portugal, a breve vida dunha intitución que semellaba ser un motor de pulo para o desenvolvemento da economía galega e que rematou, como tantas outras cousas ao longo da nosa historia, nunha ilusión frustrada. Unha vez áis, como se percibe ao longo destas páxinas, Galicia rematou por ser a pagá na resolución de conflitos que lle eran alleos e A Coruña, que podería ser un gran porto comercial atlántico co monopolio do comercio das especies, tivo que limitarse á función de pequena e modesta vila marítima, de certa importancia local pero sen a menor proxección máis alá dos seus reducidos límites minucipais.
TEMPO ENTRE PACES, ESPAZO ENTRE EXTREMOS
DOUS REINOS E UN DESTINO. GUERRA ENTRE IRMANS, PAZ ENTRE COMPETIDORES
Portugal constrúese: Orto e tensións fratricidas; O mar como expectativa, entre o risco o mito; Fortalecemento do reino luso; A figura do infante; E a súa obra; Despois do infante
Castela en Canarias: Inicio expansivo marítimo castelán; A Coroa de Castela, unha cuestión de armas; Canarias e o ascenso ao trono de Isabel; E asinouse unha "paz perpétua"
UNA DELIMITACION PERFECTA
A especiaría: As illas das especias; Portugal á conquista do leste. A India; Na India; Castela cara ao Oriente; Cara ao Descubrimento; Sete anos de seca; De novo no mar océano
Delimitación perfecta: O retorno, clave do éxito; Intervención do Papa; E paz entre competidores
Castela ante un obstáculo. Os feitos 1494-1519: Descubrimiento do paraíso; baixada ao infermo; Unha paréntese necesaria; tras a estela colombina; Cara a Asia, como ao principio, e ocaso do almirante; Final dunha etapa; Novas accións descubridoras
A CASA DE CONTRATACION DA CORUÑA
Ordenando e reordenando as Indias, 1503:A Casa de Contratación, unha institución de confianza; O modelo portugués; E a institución española; Organización da Casa, un modelo de desconfianza; Ordenanzas; Derivación da Casa de Contratación; O Consello de Indias e a Universidade de Mareantes; A decadencia da Casa
A Casa de Contratación da Coruña: As Indias, un mundo de exploración; As armadas desestabilizadoras; Inicio da exploración continental; Unha afastada meta, un tenaz empeño; Magalhaes; navegante polo leste, navegante polo oeste; Capitulacións, instrucións e enganches; A Casa de Contratación da Coruña; A oportunidade; Prtotección oficial; Segunda Armada á Especiaría; Crepúsculo da Casa da Coruña
FIN DA CASA DA CORUÑA
Fin da Casa da Coruña: Onde se decide o final da Casa de Contratación da Coruña; Reunións de Burgos e acordos de Vitoria; Busca de solucións; mediante negociación; Proceso errado, o de posesión; A liña de Tordesillas aplicada como límite non-pactado; Proceso de propiedade
Fixación do "Antemeridiano":Definición dun antemeridiano; Aspectos cartográficos; O proceso; Discusión técnica. Ideas defendidas; A fixación da Liña en Oriente; Preparativos diplomáticos e os convenios de Zaragoza; Proposta dunha solución económica da cuestión das Molucas; Asinamento dun acordo; forma de financiamento; Os convenios de Zaragoza; A imaxe cartográfica das Molucas
ACORDO, PERSISTENCIA E DESAVINZA
Acordo, persistencia e desavinza
A volta de Poñente

Clients who bought this book,also bought

Los barcos vikingos

by Atkinson, Ian

Los barcos vikingos

pvp. 4.10 €



Manual práctico de inglés marítimo

by Aranzabal, F. Javier

Manual práctico de inglés marítimo

pvp. 10.00 €



Viajes

by Polo, Marco

Viajes

pvp. 14.00 €




Newsletter

Subscribe to the newsletter

Enter your email if you want to be informed of developments and activities Librería Náutica Robinson.